Saturday 18 de May de 2024

Centos de persoas participan na clausura das escolas culturais e deportivas de Frades


O Concello de Frades celebrou esta fin de semana o acto de clausura das súas escolas deportivas e culturais municipais 2017-2018 cunha festa por todo o alto á que acudiron numerosos veciños e veciñas. O programa comezou cunha exposición de debuxo dos nenos e nenas das escolas, seguido das distintas exhibicións deportivas, que incluíron un divertido partido de fútbol sala entre pais e nais contra os benxamíns-alevíns.

Despois chegaron as exhibicións de fútbol sala, zumba kids e patinaxe. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Deportes, Miguel Prado Cea, fixeron entrega dos correspondentes diplomas acreditativos a todos os nenos e nenas participantes. Así mesmo, entregaron un agasallo especial para os profesores das escolas e os representantes da ANPA do CPI Ponte Carreira, pola súa colaboración ao longo do ano.

O acto, que contou coa presenza de “Rocky” da Patrulla Canina, rematou cunha merenda para todos os presentes, sorteo de diversos agasallos cortesía de Sogama (balóns, libros, lapis, microcontedores para a recollida de pilas) e obradoiros de xogos a cargo de Garabato de Xogos.